- Artículo
- Particulares
- Enviar diñeiro
Pago entre amigos con Bizum
Seguro que esta situación che soa: unha cea entre amigos nun restaurante, pedides a conta e óese: “ai, esquecéuseme pasar polo caixeiro!”. Ou esta outra: unha reunión de amigos nunha casa e chega o momento de pedir algo para cear. Todos coñecemos a alguén que nunca leva diñeiro solto na carteira e, con esa escusa, líbrase de poñer a súa parte. Boas noticias: o pago entre amigos con Bizum naceu para conseguir que as contas saian á primeira.
“Fágoche un Bizum” é xa toda unha frase recorrente cando hai que facer pagos entre amigos: ceas, aniversarios, reservas de viaxes, subscricións a plataformas de contidos… As transferencias inmediatas con Bizum fanche a vida máis fácil. Só precisas o número de teléfono do destinatario e o diñeiro chega ao instante e sen comisións. É a forma máis rápida e sinxela de enviar e recibir diñeiro, facer pagos entre amigos, e xa conta con 11 millóns de usuarios. No noso post de hoxe, queremos mostrarche como funciona o pago entre amigos con Bizum e cales son as súas principais funcións. Comezamos?
Funcionalidades máis útiles nos pagos entre amigos con Bizum
Tanto se tes que facer un pago como se es o destinatario dunha transferencia, o funcionamento de Bizum é moi sinxelo. Só tes que entrar na app do teu banco, indicar a cantidade, o destinatario, o concepto e aceptar a transacción. Se estás esperando que alguén che faga un pago, podes escoller a opción de solicitar e, así, aforrarás o feito de teres que llo lembrar.
Ademais deste funcionamento básico, Bizum tamén permite facer outro tipo de trámites:
1. Envío e solicitude múltiples
Para pagos entre amigos con Bizum nos que hai máis dun destinatario, podes seleccionar a opción de envío e solicitude múltiple. Deste xeito, cunha soa operación, todas as contas quedarán saldadas ao instante. Un paga e os demais fan unha transferencia inmediata sen complicacións, utilizando unicamente o teléfono móbil.
Ídesvos de vacacións e alguén se encargou de reservar o apartamento para o grupo? Non hai problema. Desde o menú de Bizum podes facer varias solicitudes distintas dentro dunha soa operación. E, do mesmo xeito, podes seleccionar distintos destinatarios desde a axenda do teu teléfono para transferir a mesma cantidade a todos. Iso si, lembra que todos os membros do teu grupo de amigos deben ser usuarios de Bizum.

2. Imaxe e concepto nos pagos entre amigos con Bizum
Para axudarche coa xestión dos teus gastos, ao facer un pago a través de Bizum podes engadir un concepto que tamén poderá ver o destinatario. Ademais, tes a posibilidade de adxuntar unha imaxe no concepto para que as contas queden moito máis claras e evitar equívocos.
Por exemplo, podes enviar a copia da conta do restaurante ao que acabas de encargar esa pizza, unha captura de pantalla da reserva duns voos ou unha foto de quen vai recibir o agasallo que comprastes en grupo, ti decides! Non esquezas que o destinatario do pago entre amigos tamén recibirá a imaxe adxunta.

Consellos de seguridade para o uso de Bizum no contexto dos pagos entre amigos
Por suposto, garantir a seguridade das transaccións entre usuarios é o máis importante para nós. De feito, Bizum é un servizo respaldado polas principais entidades bancarias do país, polo que o seu uso está completamente regulado e conta coas mesmas garantías de seguridade dos canles bancarios. Non obstante, é importante destacar que, como Bizumer, podes ir un paso máis alá e asegurarte de que todo marcha sobre rodas nos teus pagos coa aplicación.
A continuación, propoñémosche unha serie de consellos para que a túa experiencia con Bizum sexa 100 % segura:
1. Verifica os destinatarios dos teus pagos
Antes de facer o pago, comproba que o receptor do teu pago é fiable. Isto resulta especialmente importante cando fas pagos de produtos que adquires a outras persoas por internet. Este servizo funciona igual que o pago entre amigos, coa salvidade de que é moi posible que non coñezas o destinatario del persoalmente. Aínda que esteas desexando facerte con esa táboa de snow que parece novísima e queiras facer un Bizum rápido para que cha envíen canto antes, ¡para! Antes de lanzarte, lembra fixarte ben nas reseñas do vendedor e, en caso de dúbida, non fagas o pago ata estar seguro de que o dono e a táboa son reais.
2. Protexe o teu equipo
Usas Bizum e resulta que tes a versión de Android ou iOS anticuada? Á parte de que o smartphone funcionará con máis fluidez, manter o teu teléfono móbil actualizado é unha maneira de garantir a seguridade dos teus datos.
As actualizacións incorporan melloras que che axudarán a manter o teu dispositivo protexido. Ademais, configura todas as claves e contrasinais dispoñibles para que ninguén poida acceder á túa información en caso de perda ou roubo.
3. Pecha sesión tras utilizar o servizo
Unha vez utilizada a aplicación do teu banco, asegúrate de pechar a sesión. Deste xeito, para volver acceder, precisarás introducir as túas claves de novo. De forma habitual, as apps bancarias péchanse de maneira automática, pero non está de máis que o verifiques cada vez que uses o pago entre amigos.
4. Informa de calquera sospeita ou incidencia
Se en calquera momento detectas unha anomalía ou práctica sospeitosa, non dubides en poñerte en contacto co noso servizo de atención ao cliente ou co da túa entidade bancaria. Deste xeito, poderemos facer un seguimento para garantir as boas prácticas do servizo e descartar que se producisen anomalías.
En Bizum traballamos man a man coas principais entidades financeiras para garantir a seguridade do noso servizo. Con todo, a mellor estratexia de seguridade comeza pola discreción e a responsabilidade no uso de calquera aplicación bancaria.
Máis novidades,
porque isto non para
-
Bizum internacional: todo o que necesitas saber
Sabemos que Bizum é un proxecto moi querido, tanto dentro como fóra do noso país. E isto, querido Bizumer, vímolo vir. Por iso, dende as orixes da súa creación, traballamos tendo en conta unha visión internacional de Bizum. Para que coñezades todo o que hai que saber sobre Bizum International, preparamos este artigo onde falamos […]
Ver máis -
Quen inventou Bizum? Contámosche a historia
Querido Bizumer, lamentamos, pero non podemos atribuír o mérito do mellor invento do século a unha soa persoa. E Bizum non é idea de ninguén, é de todos, é froito da colaboración de todo un sector. Xa en 2015, 20 entidades bancarias españolas xunto coas súas 3 asociacións (AEB, CECA e UNACC) e as 3 […]
Ver máis -
Canto tempo tarda en chegar un bizum? Tan rápido que nin o ves vir!
Seguro que en máis dunha ocasión te preguntaste canto tarda en chegar un bizum. Pois prepárate para sorprenderte, porque a resposta é: menos de 5 segundos! Si, leches ben. Menos de 5 segundos. Enviar un Bizum é tan rápido que poderías dicir que o diñeiro se “teletransporta” dunha conta a outra en cuestión de segundos. […]
Ver máis