- Artículo
- Particulares
- Primeiros pasos
Guía para rexistrarse en Bizum
Bizum é a forma máis doada e rápida de enviar e recibir diñeiro, e moito máis! E o mellor é que para darse de alta en Bizum só necesitas ter un número de teléfono móbil e unha conta bancaria (IBAN) española ou andorrana.
E aínda que darse de alta en Bizum é moi sinxelo, creamos esta pequena guía con cada paso que tes que dar. Contámoscho!
Pasos para darse de alta en Bizum
O primeiro paso para darse de alta en Bizum é comprobar que a túa entidade bancaria ofrece o servizo Bizum. Aínda que practicamente todas as entidades que operan en España e todas as de Andorra ofrecen Bizum como medio de pago, podes consultar a listaxe completa de bancos que dispoñen do servizo de Bizum facendo clic aquí.
Despois disto, xa está case todo listo para darse de alta en Bizum! Sigue estes sinxelos e rápidos pasos:
-
- 1. Busca a app do teu banco na Play Store ou na App Store e descárgaa.
- 2. Introduce as túas credenciais bancarias e entra.
- 3. Unha vez dentro, busca a opción de “Bizum”.
- 4. Sigue os pasos e acepta os típicos “Termos e condicións”.
- 5. Activa o servizo e xa podes comezar a facer bizums!
Vantaxes de darse de alta en Bizum
Cantas veces tiveches que agardar varios días para entregar en man o diñeiro que debes? Con Bizum, só necesitarás o número de teléfono do destinatario para que teña o diñeiro na súa conta en cuestión de segundos.
Pero isto non é todo: tras darse de alta con Bizum tamén se pode gozar de:
-
- – Saldar débedas entre particulares en cuestión de segundos.
- – Pagar compras en liña só co número de móbil.
- – Apoiar calquera causa ou ONG con uns clics.
- – Pagar e cobrar premios de Loterías e Apostas do Estado.
- – Activar un identificador dixital seguro e gratuíto.
É posible darse de alta en Bizum en dúas entidades ao mesmo tempo?
Para aquelas persoas que teñan a necesidade de darse de alta en Bizum con diferentes entidades ou contas, é importante que teñas en conta que en Bizum hai tres escenarios posibles:
-
- 1. O principal e máis básico ao darse de alta en Bizum é asociar unha conta bancaria cun único número de teléfono.
- 2. Para aquelas persoas que compartan conta, é posible darse de alta en Bizum desde dous números de teléfono e que ambos teñan como destino e orixe unha única conta bancaria.
- 3. Por último, se o que se necesita é darse de alta en Bizum en dúas contas bancarias diferentes, neste caso necesitaranse dous números de teléfono.
Podo asociar máis dun número de teléfono a unha mesma conta? Descubre máis sobre como darse de alta en Bizum
Claro que si! Como diciamos no punto anterior, por exemplo, se compartes a conta bancaria coa túa parella podes asociar o teléfono móbil de cada un á mesma conta bancaria. Deste xeito, ambos poderedes gozar de todos os servizos de Bizum tendo a mesma conta bancaria para calquera movemento.
Como darse de alta en Bizum nun novo banco?
Se vas cambiar de entidade bancaria, é moi importante que antes de facelo desvincules o teu usuario de Bizum. Para iso, só necesitas ir á túa área Bizum da app bancaria e escoller a opción de “Darse de baixa”.
Despois, podes entrar na app do teu novo banco e darte de alta seguindo os pasos que che comentabamos ao inicio deste artigo. E a seguir gozando das vantaxes de Bizum!
Máis novidades,
porque isto non para
-
Bizum internacional: todo o que necesitas saber
Sabemos que Bizum é un proxecto moi querido, tanto dentro como fóra do noso país. E isto, querido Bizumer, vímolo vir. Por iso, dende as orixes da súa creación, traballamos tendo en conta unha visión internacional de Bizum. Para que coñezades todo o que hai que saber sobre Bizum International, preparamos este artigo onde falamos […]
Ver máis -
Quen inventou Bizum? Contámosche a historia
Querido Bizumer, lamentamos, pero non podemos atribuír o mérito do mellor invento do século a unha soa persoa. E Bizum non é idea de ninguén, é de todos, é froito da colaboración de todo un sector. Xa en 2015, 20 entidades bancarias españolas xunto coas súas 3 asociacións (AEB, CECA e UNACC) e as 3 […]
Ver máis -
Canto tempo tarda en chegar un bizum? Tan rápido que nin o ves vir!
Seguro que en máis dunha ocasión te preguntaste canto tarda en chegar un bizum. Pois prepárate para sorprenderte, porque a resposta é: menos de 5 segundos! Si, leches ben. Menos de 5 segundos. Enviar un Bizum é tan rápido que poderías dicir que o diñeiro se “teletransporta” dunha conta a outra en cuestión de segundos. […]
Ver máis