Saltar al contenido principal
  • Artículo
  • Particulares
  • Seguridade e fraude

Solicitar Bizum: guía completa

Tiempo de lectura: 3 min
Publicación: 29/4/21
Última actualización: 18/11/26

Solicitar ou enviar diñeiro con Bizum non é o mesmo, bizumer. Non te líes! Hoxe centrámonos nas solicitudes de Bizum. E empezamos polo principio: unha solicitude é unha opción da app do banco coa que lle pides ese diñeiro a unha ou varias persoas. Tamén podes ser ti quen reciba esa solicitude. Á hora de tramitarlas, a clave está en saber que estas xestións teñen que ser aceptadas ou rexeitadas. A diferenza dos envíos con Bizum, nos que o importe se recibe de forma inmediata e sen necesidade de dar resposta. Para aclarar dúbidas contámosche todo o que debes saber sobre as solicitudes en Bizum, unha funcionalidade que che fai a vida máis doada.

Que son as solicitudes de Bizum

As solicitudes destacan pola súa utilidade e polo prácticas que resultan, sobre todo para xestionar pagos entre amigos e outros particulares. Con esta solución evitarás as molestas esperas nos pagos.

Imaxina esa xuntanza de amigos na que paga un e os demais lle fan un Bizum. Ata aquí, xenial!, pero sabes que ocorre? Que sempre hai alguén a quen se lle esquece. A mellor maneira de cobrar esas cantidades puntualmente é cunha solicitude de Bizum. Toma nota:

Como solicitar un Bizum?

– No apartado Bizum da app debes premer en solicitar.
– Buscar o número ou números de móbil, no caso de solicitude múltiple (ata 30!), das persoas ás que pedir o diñeiro.
– Encher o importe solicitado a cada un.
– Escribir o concepto.
– Introducir a clave de seguridade que che chegará por SMS e confirmar a operación.

A partir de aquí, a persoa destinataria da túa solicitude dispón de sete días para aceptala ou rexeitala.

As solicitudes de Bizum resólvenche a petición de diñeiro nas xuntanzas de amigos

Recibín unha solicitude de Bizum: que significa?

Pero non é de amizade, bizumer… Volvemos insistir: se recibes unha solicitude en Bizum significa que che están pedindo esa cantidade de diñeiro, por iso cómpre comprobar todo antes de dar unha resposta.

Lembra que nos envíos non necesitas dar o visto e prace, recíbeo e punto. Como saberás que se trata dunha Solicitude e non dun Envío? Contámoscho:

1. Recibirás unha notificación na que di «Recibiches unha solicitude». Ademais, no texto da mensaxe especificarase que estás a facer un pago: «Pablo, queres pagarlle 10.00 EUR a Manuel A. E. por agasallo cumpre Luis? Entra na túa app para aceptar ou rexeitar».

2. O primeiro: hai que revisar que é correcto. Fíxate en que sexa un pago que realmente tes pendente e en se recoñeces o emisor da solicitude.

3. Se todo che cadra e está OK, debes aceptar a solicitude. Dese xeito estarás enviando os euros que che solicitan. Para iso debes entrar na app do teu banco e confirmar a operación.

4. Lembra que por motivos de seguridade cómpre pasar unha segunda validación.

5. Se tras as túas comprobacións descubres que é un erro, debes rexeitala. Dese xeito o envío non se realizará e a solicitude caducará aos 7 días.

As solicitudes de Bizum requiren unha resposta por parte da persoa destinataria

Revisar, revisar e revisar a operación. Ten en conta que para recibir diñeiro nunca che van pedir aprobación, pero si para envialo. Así que, se che chega unha notificación de solicitude, sempre e antes de confirmar a operación, debes comprobar que todo é correcto. Trátase dun dos consellos útiles e pautas para evitar estafas.

Se tes sospeitas e cres que estás a ser vítima dunha estafa debes denegar a solicitude dentro da aplicación do teu banco.

E agora que xa sabemos como nos axudan as solicitudes de Bizum, úsaas, bizumer! Verás como che solucionan os pagos e se acaban os despistes.