Saltar al contenido principal
  • Artículo
  • Particulares
  • Pagar con Bizum

Cales son os tipos máis comúns de pagos en liña?

Tiempo de lectura: 4 min
Publicación: 11/2/25
Última actualización: 18/11/26

O comercio en liña está á orde do día. E recoñéceo, bizumer, buscas produtos ou fas compras en liña case a diario. E, como case hai tantos tipos de pagos en liña como tendas en liña, imos explicarche cales son as opcións dispoñibles e, sobre todo, vas descubrir que Bizum vai ser a túa opción favorita a partir de agora.

E se tes unha tenda dixital e aínda non inclúes Bizum entre os diferentes tipos de pagos en liña, cando remates de ler este artigo vas ir ao teu banco para que activen o servizo. Xa verás… 😉

Os tipos de pagos en liña existentes

Aínda que cada vez son máis os tipos de pagos en liña, desde Bizum recomendámosche que sempre acudas a aqueles servizos respaldados polas entidades bancarias, xa que son os que maiores garantías de seguridade ofrecen.

  1. Transferencias bancarias. Son as máis tradicionais e, sobre todo, úsanse para transaccións de importes máis altos, non tanto para compras rápidas, aínda que moitos comercios tamén as ofertan.
  2. Tarxetas de crédito e débito. Ata hai ben pouco era o método de pago máis rápido, de aí que sexa un dos tipos de pagos en liña máis usados. Están aceptadas case de forma universal e os seus protocolos de encriptación garanten a maior seguridade.
  3. Tarxetas prepago. Non utilizan o diñeiro depositado nunha conta, senón que se recargan antes de usalas, evitando así usar diñeiro de máis ou que alguén utilice o saldo se a tarxeta se extravía. Hai que cargalas previamente e pode que, ao ir pagar, non teñas saldo, pero podes recargala en calquera momento.
  4. Contra reembolso. A persoa compradora paga a súa compra unha vez a recibe no domicilio, ben con diñeiro en efectivo á empresa que o transporta, ou con tarxeta de débito, crédito ou moedeiro electrónico. Ás veces estes tipos de pago en liña levan recargo.
  5. Pago por Bizum. O pago en comercio en liña por Bizum tan só require que introduzas o teu número de móbil e chegarache unha solicitude de pago á túa aplicación bancaria; acéptala e listo! Como ves, é rápido, seguro, cómodo e pagas directamente coa túa conta bancaria.

Tamén existen outros tipos de pagos en liña como moedeiros dixitais, criptomoedas ou métodos de pagos aprazados, etc. E é moi posible que, de aquí a uns meses, ou mesmo semanas, poidamos engadir tipos de pagos en liña novos, xa que o mercado evoluciona continuamente. Pero, como che dicíamos, moito mellor usar aqueles tipos de pagos en liña avalados pola túa entidade.

Descubre os beneficios de incluír Bizum entre os tipos de pago en liña

  • Rapidez. Xa sabes que, unha vez tes activado o pago con Bizum na túa app bancaria, tardarás menos dun minuto en realizar calquera pago.
  • Inmediatez. En canto realices o pago, este chegará de forma inmediata ao receptor, directamente da túa conta á súa.
  • Sinxeleza. É moi doado de usar. Só debes indicar a quen queres realizar o pago, cal é o importe, engadir un concepto se o desexas e xa o tes!
  • Confianza. Levamos case 10 anos encargándonos dos teus pagos a particulares, en comercios en liña, doazóns a causas sociais e pagos e cobros de lotaría, logrando o recoñecemento do sector e a recomendación dos nosos usuarios grazas ás nosas vantaxes. Será por algo…
  • Universalidade. Chegamos ao 99,9 % dos usuarios bancarios españois e andorranos, polo que podes usar Bizum, sexas do banco que sexas, mesmo en Andorra. E pronto chegarán novidades, hai que estar atento!
  • Comodidade. Podes realizar os teus pagos desde calquera lugar, tan só co teu móbil.
  • Seguridade. Como sabes, Bizum está incluído nas aplicacións bancarias con todo o respaldo das medidas de seguridade das entidades.

E se tes unha empresa? Ofrece diferentes tipos de pago en liña

Recomendámosche que, se tes un negocio, esteas ao día das tendencias no que aos tipos de pago en liña se refire, xa que non só mellorarás a experiencia de cliente, ao ofrecerlle máis variedade de opcións, senón a súa lealdade e, en última instancia, as túas conversións.

Por iso, se queres manter o teu negocio á vangarda en e-commerce, ten en conta que un dos aspectos clave é dispoñer de métodos de pago en liña que se aliñen cos teus clientes. E, sobre todo, non te esquezas de Bizum! 😊

Aproveita as oportunidades que ofrece contar con tanta variedade de tipos de pagos en liña diferentes!