Saltar al contenido principal
  • Artículo
  • Particulares
  • Primeiros pasos

Como cancelar Bizum para cambiar de banco

Tiempo de lectura: 3 min
Publicación: 30/1/25
Última actualización: 18/11/26

Bizumer do noso corazón, se necesitas dicirnos adeus (esperamos que sexa temporal) e precisas saber como dar de baixa Bizum, chegaches ao lugar indicado. E aínda que, igual que todas as nosas operacións, darse de baixa en Bizum é fácil e rápido, neste artigo contámosche como solicitar a baixa de Bizum para migrar o teu número dun banco a outro. Imos alá!

Como dar de baixa Bizum paso a paso

Dar de baixa Bizum é tan fácil como activalo, só tes que entrar na app do teu banco e seguir os pasos que che detallamos. É tan sinxelo que xa verás que nin fai falta que tomes nota sobre como darse de baixa en Bizum.

  1. Entra na área Bizum da túa app bancaria. O primeiro paso para darse de baixa en Bizum é entrar na túa sección de Bizum. Unha vez nela, a maioría dos bancos ofrecen unha opción de “axustes”. Búscaa!
  2. Busca a opción de axustes. Esta opción adoita estar premendo en “os tres puntiños” para ver máis opcións ou directamente co símbolo de “axustes”. E aquí é onde atoparemos o botón para “Desactivar Bizum” ou “Darse de baixa en Bizum”.
  3. Confirma a túa Baixa Bizum. Agora, o banco pedirache que confirmes a túa decisión de darte de baixa en Bizum. Dálle o visto e prace, e xa está! A túa conta de Bizum quedará inactiva.

E xa está! En poucos instantes terás completado o proceso. Agora xa sabes como dar de baixa Bizum nunha entidade. Así que se o que necesitas agora é darte de alta de novo noutra entidade, segue lendo!

* E por suposto, Bizumer, se non consegues atopar a opción ou tes dúbidas, podes poñerte en contacto co equipo de atención ao cliente do teu banco. Eles poden guiarte ou incluso facer o trámite por ti.

Que pasa despois de darse de baixa en Bizum?

Ao completar a túa baixa de Bizum, o servizo deixará de estar operativo na túa conta, o cal ten algunhas implicacións temporais (xa que esperamos que tardes pouco en activalo no teu novo banco):

  • Non poderás recibir nin enviar pagos. Isto significa que amizades e familiares, que che queiran enviar un bizum, non poderán facelo mentres a túa conta estea desactivada. Aparecerá como se non tiveras Bizum activo.
  • Non recibirás notificacións de Bizum. As notificacións e recordatorios de Bizum tamén se desactivarán (ata que voltes de novo).
  • Perderás o historial de operacións. As operacións realizadas durante este tempo quedarán eliminadas da túa área Bizum, pero seguirán estando no teu historial bancario.

Hai que esperar para activar Bizum noutro banco tras darse de baixa en Bizum?

Non, non fai falta esperar para activar o teu usuario despois de darse de baixa en Bizum. Unha vez que o teu banco confirmou a baixa nesa entidade, podes darte de alta no momento no teu novo banco seguindo os pasos de sempre que aquí che lembramos:

  • Entra na área Bizum da túa app bancaria. Só tes que seguir o mesmo proceso de cando te deches de alta a primeira vez. Busca Bizum na túa aplicación bancaria, selecciona “activar” e segue as instrucións.
  • Confirma e empeza a gozar. Unha vez completado o proceso, estarás listo de novo para enviar e recibir pagos ao instante, sen complicacións.

Agora que xa sabes como dar de baixa Bizum, podes facer a túa portabilidade con tranquilidade. E lembra que cada entidade pode ofrecer servizos e límites diferentes, polo que non debes esquecer revisar as súas especificacións.