- Artículo
- Empresas
- Pagar con Bizum
As empresas físicas e as tendas a pé de rúa únense ao pago en persoa con Bizum
Os usuarios están encantados con Bizum. Isto é así: só hai que fixarse nas súas excepcionais cifras e en como, despois de cinco anos de actividade, falan por si soas. Pero non menos contentos que os negocios, e non só os online. Ao auxe das operacións nos eCommerces súmanse os comercios físicos. Cada vez son máis os que aceptan o pago con Bizum. Se xa rexentas un negocio presencial que permite os cobros a bizumers xa estás experimentando todas as vantaxes que che ofrece, pero se non sabes como facelo e descoñeces os beneficios que ten para os teus clientes, é o momento de dar esta opción aos teus usuarios. Os pagos presenciais con Bizum esténdense e cada vez chegan a máis comercios de toda a vida. Hoxe contámosche como funciona e o moito que o pago de compras con Bizum che facilitará a xestión da túa tenda a pé de rúa. Imos alá!
Que plataformas ofrecen o pago presencial con Bizum?
Moitas tendas e comercios físicos xa presentan a opción de pagar con Bizum aos seus clientes. Trátase de solucións que facilitan o pago presencial con Bizum e que se dirixen especificamente aos comercios físicos.
Esta forma de efectuar a transacción está baseada nunha pasarela de pagos online e a experiencia é similar á que se vive nunha compra dixital. Para poder usar este método de pago nunha tenda de rúa, o comercio debe darse de alta como tenda online en Bizum pero a través dalgunha destas plataformas. Se tes un negocio presencial e queres dar esta opción aos teus clientes hoxe achegámosche a dúas plataformas que xa dispoñen do servizo. Non obstante, o mellor é que consultes coa túa entidade bancaria ou plataforma tecnolóxica que opcións che dan para realizar esta integración.

Pago con Paycomet e Bizum nas tendas físicas
Paycomet é unha plataforma de pagos que permite as operacións con Bizum na venda presencial. Se queres ter o teu negocio actualizado implementa o último en tecnoloxía e ofrece un servizo máis amplo aos teus clientes.
Se a túa tenda está a pé de rúa e queres axilizar o pago con Bizum, Paycomet é unha solución que se adapta a restaurantes, tendas de roupa, alimentación, profesionais, gasolineiras, espectáculos… e calquera negocio presencial que imaxines.
A clásica pregunta efectivo ou tarxeta? comeza a estar en desuso nas tendas físicas porque as fórmulas de pago multiplícanse tamén nos negocios a pé de rúa. Con Paycomet podes ofrecer o pago por móbil con Bizum a través de Pay by QR ou Pay by Link. Abondará con escanear o QR ou premer na ligazón que recibas no teu teléfono para efectuar o pago con Bizum.
E como sempre con todas as garantías Bizum. Paycomet chegou para mellorar a experiencia de pago dos teus clientes e para xestionar o comercio presencial da mellor maneira. Os pagos seguen sendo rápidos, fáciles e seguros, tamén nas tendas físicas.
Monei xa ofrece os pagos presenciais con Bizum
Unha plataforma que tamén facilita o pago no teu comercio físico con Bizum. De feito, é unha das primeiras que o permite e chámase Monei. Os teus clientes xa poden pagar na túa tenda a pé de rúa con Monei.
Prepárate para aceptar pagos presenciais con Bizum na túa tenda física sen complicacións a través de códigos QR. Con Monei recibirás pagos contactless e os teus clientes estarán encantados de pagar con Bizum.

Solucións de pago en tendas físicas en función do banco
Xa sabes que as funcionalidades de Bizum dependen sempre da entidade bancaria. Por iso é importante que como negocio consultes co teu banco as opcións dispoñibles. Por exemplo, Kutxabank dispón dunha liña dirixida a empresas que se chama Bizum Negocios. Como imaxinarás, desde a entidade bancaria ofrecen aos seus clientes empresas o pago con Bizum a través do móbil, sen contacto. O funcionamento é así de sinxelo:
1.Descarga a app Kutxabank Negocios Cobro Móbil que xera un código QR cos datos do pago.
2.O cliente escanea o código QR e accede á páxina de pago.
3.É momento de que o bizumer introduza a súa clave de compras Bizum e valide a operación coa clave dun só uso recibida no seu teléfono.

5 vantaxes de pagar con Bizum para as tendas físicas
Como tenda física xa sabes o importante que é a experiencia de compra dos teus clientes. Ademais do produto ou servizo, a atención, o trato, o ambiente da tenda… e outros aspectos que caracterizan o teu negocio, sabes que ofrecer múltiples formas de pago axúdache a diferenciarte da competencia. E é que presentar aos teus clientes Bizum como forma de pago só pode ter vantaxes. Estas son algunhas delas:
1.Número de usuarios. Seguro que os teus clientes están entre os case 20 millóns de bizumers. Se a túa tenda física ofrece a alternativa de pagar con Bizum moitas persoas elixirán mercar no teu comercio. Probas?
2.Sinxeleza e rapidez. Son dúas das características que máis gustan ao facer unha compra, sexa online ou presencial. O pago inmediato fascina aos usuarios e Bizum dácho.
3.Sen tarxetas. Acabouse pasar a tarxeta de crédito, esperar polo comprobante e todas esas cousas que antes facías co teu TPV na tenda. Agora dáslle a opción de pagar sen contacto ao teu cliente e a posibilidade de facelo todo sen abrir a carteira.
4.Con móbil e sen efectivo. Sen tarxeta e sen billetes. Levas o móbil? Entón levas diñeiro. Bizum é así!
5. O teu negocio ao día. Que un comercio físico permita o pago con Bizum é sinal de que se trata de unha tenda ao día, que se interesa pola tecnoloxía, que quere ofrecer sempre o mellor aos seus clientes e que está pendente das tendencias.
A lista de vantaxes podería continuar. Deixámosche a ti, persoa que dirixe unha tenda física, completala. Comprobarás como mellora a experiencia dos teus clientes e como optimizas a xestión do teu negocio a pé de rúa. Bizum xa é unha opción para os pagos presenciais. Próbao no teu comercio e logo cóntasnolo!
Máis novidades,
porque isto non para
-
Bizum internacional: todo o que necesitas saber
Sabemos que Bizum é un proxecto moi querido, tanto dentro como fóra do noso país. E isto, querido Bizumer, vímolo vir. Por iso, dende as orixes da súa creación, traballamos tendo en conta unha visión internacional de Bizum. Para que coñezades todo o que hai que saber sobre Bizum International, preparamos este artigo onde falamos […]
Ver máis -
Quen inventou Bizum? Contámosche a historia
Querido Bizumer, lamentamos, pero non podemos atribuír o mérito do mellor invento do século a unha soa persoa. E Bizum non é idea de ninguén, é de todos, é froito da colaboración de todo un sector. Xa en 2015, 20 entidades bancarias españolas xunto coas súas 3 asociacións (AEB, CECA e UNACC) e as 3 […]
Ver máis -
Canto tempo tarda en chegar un bizum? Tan rápido que nin o ves vir!
Seguro que en máis dunha ocasión te preguntaste canto tarda en chegar un bizum. Pois prepárate para sorprenderte, porque a resposta é: menos de 5 segundos! Si, leches ben. Menos de 5 segundos. Enviar un Bizum é tan rápido que poderías dicir que o diñeiro se “teletransporta” dunha conta a outra en cuestión de segundos. […]
Ver máis