- Artículo
- Particulares
- Primeiros pasos
Como me rexistro en Bizum?
Bizum, o sistema de pago máis completo, converteuse no gran aliado de moitos na súa vida diaria. Saldar débedas? Bizum. Pagar nos comercios? Bizum. Facer doazóns? Bizum. Se queres confirmar o teu rexistro en Bizum e gozar de todas as súas vantaxes, aquí tes toda a información que necesitas.
Que necesito para completar o meu rexistro en Bizum como usuario?
O único que necesitas para completar o teu rexistro en Bizum é un número de teléfono e unha conta bancaria (IBAN) española ou andorrana. Se contas con estas dúas cousas, por que non deches xa o paso e iniciaches o teu rexistro en Bizum? Estes son os pasos que debes seguir para converterte nun auténtico Bizumer:
- Comproba que o teu banco é un dos moitos que traballan con Bizum.
- Descarga a app da túa entidade bancaria e inicia sesión cos teus datos.
- Na sección de Bizum, busca a opción de activación e segue os sinxelos pasos que irás atopando na pantalla. E listo! En cuestión de segundos estarás gozando de Bizum.
Completar o teu rexistro en Bizum é tan fácil que en tres simples pasos xa podes empezar a enviar e recibir diñeiro. Se tes algunha dúbida, preparamos esta guía para que non che quede ningunha pregunta sobre o proceso.
Como fago para cambiar o meu rexistro en Bizum por portabilidade?
Poderás cambiar de entidade, pero sabemos que o teu amor por Bizum seguirá intacto. Se tes activado o rexistro en Bizum cunha entidade e queres cambiarte, así é como se fai o cambio do rexistro en Bizum por portabilidade:
- Entra na app do banco ao que queiras asociar Bizum.
- Accede á área de Bizum e inicia o proceso de alta.
- Diranche que o teu número está asociado a outra entidade bancaria e preguntaranche se queres realizar a portabilidade.
- Aquí é onde cobra importancia ter as dúas contas activas; neste momento deberás abrir a app do outro banco e aceptar a solicitude de portabilidade.
E listo! Así de fácil é cambiar o rexistro en Bizum mediante portabilidade
Teño activo o rexistro en Bizum no meu antigo banco, como podo darllo de baixa?
En ocasións, algúns usuarios pechan a súa conta no seu antigo banco, pero non desvincularon o seu usuario de Bizum, facendo que o rexistro en Bizum siga asociado ao seu banco antigo.
Isto pode complicar un pouco (só un pouco) o rexistro en Bizum da túa nova entidade. O mellor é solicitar a baixa antes de pechar a conta para que o teléfono xa estea “liberado”. Pero se non o fixeches non entres en pánico, segue estes sinxelos pasos para cambiar o teu rexistro en Bizum:
- Contacta co teu antigo banco e solicita a baixa do servizo Bizum.
- Agarda a confirmación da baixa. Este proceso pode tardar uns días.
- Cando estea solucionado, rexístrate no teu novo banco seguindo o proceso habitual de activación de Bizum.
Tes problemas de rexistro en Bizum?
Se atopas algún problema co teu rexistro en Bizum, recomendámosche poñerte en contacto coa túa entidade bancaria. Bizum é un servizo ofrecido integramente a través dos canles bancarios, polo tanto, serán eles quen mellor poidan axudarche.
Como cada banco ten o seu xeito de contacto, aquí tes cinco consellos útiles:
- Acude á sucursal bancaria máis próxima. Ás veces, unha visita en persoa pode resolver todo rapidamente.
- Chama por teléfono ao departamento de atención ao cliente. A maioría dos bancos teñen liñas de axuda.
- Envía un correo electrónico. En Bizum fixemos un listado coas direccións dos bancos, atopa o teu!
- Ponte en contacto a través das súas redes sociais. Moitas veces, os bancos responden rapidamente en plataformas como Twitter ou Facebook.
- Algúns bancos teñen habilitado un chat virtual que pode resolver as túas dúbidas ou problemas en tempo real.
Lembra que ao facer clic nos bancos do listado que ofrecen o servizo Bizum, irás directamente á súa páxina web. Seguro que eles che botarán unha man se tes problemas co teu rexistro en Bizum.
Que necesito para completar o meu rexistro en Bizum como empresa?
Completar o rexistro en Bizum como empresa é fácil e rápido. Aquí tes o que necesitas:
- Conta bancaria de empresa: verifica que o teu banco ofreza Bizum para empresas.
- Acceso á banca online: asegúrate de ter acceso á plataforma online do teu banco.
- Número de teléfono: necesitarás un número de teléfono asociado á túa conta.
- Documentación legal: CIF, estatutos da empresa e documentos do representante legal.
Con estes requisitos a man, estarás listo para comezar o proceso de rexistro. Os pasos son sinxelos e rápidos, e en pouco tempo poderás gozar das vantaxes de Bizum para a túa empresa.
Máis novidades,
porque isto non para
-
Bizum internacional: todo o que necesitas saber
Sabemos que Bizum é un proxecto moi querido, tanto dentro como fóra do noso país. E isto, querido Bizumer, vímolo vir. Por iso, dende as orixes da súa creación, traballamos tendo en conta unha visión internacional de Bizum. Para que coñezades todo o que hai que saber sobre Bizum International, preparamos este artigo onde falamos […]
Ver máis -
Quen inventou Bizum? Contámosche a historia
Querido Bizumer, lamentamos, pero non podemos atribuír o mérito do mellor invento do século a unha soa persoa. E Bizum non é idea de ninguén, é de todos, é froito da colaboración de todo un sector. Xa en 2015, 20 entidades bancarias españolas xunto coas súas 3 asociacións (AEB, CECA e UNACC) e as 3 […]
Ver máis -
Canto tempo tarda en chegar un bizum? Tan rápido que nin o ves vir!
Seguro que en máis dunha ocasión te preguntaste canto tarda en chegar un bizum. Pois prepárate para sorprenderte, porque a resposta é: menos de 5 segundos! Si, leches ben. Menos de 5 segundos. Enviar un Bizum é tan rápido que poderías dicir que o diñeiro se “teletransporta” dunha conta a outra en cuestión de segundos. […]
Ver máis