- Artículo
- Particulares
- Recibir e cobrar
Solicitudes educadas e débedas de Bizum
¿Amizades despistadas? Moitas. ¿Compis que remolonean? Uns cantos. ¿Familiares con memoria de peixe? Incontables… Seguro que ti tamén tes contactos deste tipo. A consecuencia inmediata de rodearse de persoas distraídas é que se lles esquece facerche o Bizum coa súa parte do agasallo, da cea, das entradas do concerto, da casa rural… ¡Do que sexa! Xa sabes que Bizum apareceu nas nosas vidas para solucionar o pago entre amigos. Agora saldar esas pequenas débedas é fácil, rápido e seguro. Pero… ¿e que facemos con eses esquecementos? Pois moi fácil: se non te fan o envío, solicítasello ti por favor e por Bizum. Para iso están as solicitudes. Di adeus a iso de palmar pasta. Utiliza as solicitudes de Bizum para pedir o que che deben.
¡Acabouse! Se non se reciben as achegas, pois pídense e ¡listo! As solicitudes de Bizum están para axudarte a reclamar o que é teu, bizumer.
Unha solicitude de Bizum é unha funcionalidade da app bancaria na que pides ese diñeiro a unha ou varias persoas. O máis importante que debes saber para diferenciar a solicitude do envío de diñeiro é que a primeira precisa de aprobación ou rexeitamento, para facerse efectiva ou para ser cancelada. En cambio, os envíos fanse de forma directa, sen necesidade de resposta. Lembrámosche como funcionan as solicitudes.
As cousas pídense por favor… e por Bizum
Con estes sinxelos pasos saberás que facer para solicitar o que é teu, bizumer:
1. Entra na app do teu banco e selecciona solicitar diñeiro con Bizum.
2. Introduce o número de móbil da persoa que che debe diñeiro ou búscao na axenda.
3. En función do banco podes elixir ata 30 contactos.
4. Enche o importe e escribe un concepto. ¡Lémbrate de pedilo por favor!
5. Comproba que todos os datos son correctos.
6. Valida a operación.
7. A outra persoa recibirá unha mensaxe informativa coa solicitude que deberá aceptar ou rexeitar.
¿E se a persoa despistada es ti…?
A ver bizumer, que todos podemos distraernos. Se es ti a quen se lle esquece facer o Bizum e recibes unha mensaxe de solicitude, actúa así:
1. Entra na app da túa entidade bancaria.
2. Verifica que todos os datos están OK: nome do contacto, cantidade e concepto.
3. Se unha vez revisado, caes na conta do esquecemento e estás de acordo, ¡acepta a solicitude! O teu diñeiro enviarase nun instante e a débeda quedará saldada.
4. Pero se despois de examinalo todo: descoñeces á persoa, tes dúbidas sobre o importe, ou simplemente se trata dun erro, ¡rexeita a solicitude e apañado!
5. A petición caduca en 7 días, así que dálle resposta antes dese tempo.
Tanto se che dá vergoña pedir o Bizum, como se tiveches un despiste… as solicitudes veñen para solucionar esas pequenas situacións de pago entre amigos. E xa sabes, como persoas educadas e bizumers que somos pedimos as cousas por favor e as débedas por Bizum.
Tanto se es quen adoitaba palmar pasta, como se es a persoa de memoria distraída, as solicitudes de Bizum están para facilitarche a vida, ¡como todo en Bizum!