Saltar al contenido principal

Compre en liña con Bizum

Pague as súas compras en liña de forma sinxela, rápida e segura. Só precisa o seu número de teléfono e a app do seu banco.

O servizo Bizum é un proxecto conxunto da banca española que se enmarca nas iniciativas de innovación dixital para atender as novas necesidades dos seus clientes.

Como funciona para vostede?

Compra en liña

Escolla «Pagar con Bizum» na súa tenda en liña favorita.

Sen facilitar máis datos dos necesarios. Só co seu número de teléfono e toda a seguridade do seu banco e a confianza de Bizum

  1. Seleccione «Pagar con Bizum» e introduza o número de teléfono ao que ten asociado Bizum

  2. Abra a notificación do seu banco, comprobe os datos e acepte o pago. Dispón de 4 minutos para aceptar a operación; pasado ese tempo cancelarase o pago. Comprobe sempre que toda a información é correcta antes de aceptar o pago.

  3. Volva á web ou á app do comercio para finalizar a compra.

Pagos recorrentes ou subscricións

Xa pode escoller Bizum para os seus pagos habituais

Seleccione a opción de Bizum e vincule o seu número de teléfono para realizar os pagos directamente desde a conta bancaria

  1. Como nas compras puntuais, seleccione Bizum e introduza o seu número de teléfono

  2. Abra a notificación do seu banco, comprobe os datos e acepte a vinculación de Bizum para realizar os pagos automaticamente a partir dese momento

  3. Consulte e xestione desde a app do seu banco os comercios aos que deu permiso.

    Recibirá unha notificación cada vez que se realice o pago e poderá comprobar os movementos na súa conta

Compre con tranquilidade

Conta cos mesmos dereitos de devolución e reclamación e sen achegar máis datos dos necesarios

Cando compra con Bizum, só introduce o seu número de teléfono (esqueza os números moi longos) e revisa e valida a compra no lugar máis seguro: dentro da app do seu banco.

Ademais, se decide devolver o produto, unha vez que o comercio confirma que se realizou correctamente, o diñeiro chega inmediatamente á súa conta bancaria. Esqueza esperar días para recibir o seu diñeiro!

Por suposto, se ten algún problema co comercio ou co produto ou servizo, conta con toda a protección do seu banco para presentar a reclamación.

O que precisa saber. Sen rodeos

Resolvemos as dúbidas máis habituais sobre as compras en liña con Bizum.

Ver todas as preguntas frecuentes
Pagar con Bizum Particulares

Que necesito para pagar online con Bizum?

Ter Bizum activado, utilizar o número de teléfono asociado ao servizo e ter acceso á app do teu banco.

Pagar con Bizum Particulares

¿Como confirmo unha compra?

Recibirás unha notificación na app do teu banco. Revisa o importe e os datos antes de aceptar o pago.

Pagar con Bizum Particulares

Podo usar Bizum para pagos recorrentes?

Si. Podes vincular Bizum con comercios para subscricións e pagos habituais, e xestionar os permisos desde a app do teu banco.

Compre en liña con Bizum Pay

Máis métodos de pago nun só botón. Bizum Pay é a única app que permite pagar en comercios directamente desde a súa conta bancaria ou cunha tarxeta. Para as compras en liña, seguirá utilizando o seu número de teléfono, coa comodidade e seguridade de non ter que introducir máis datos dos necesarios

Descargue Bizum Pay

Comprar en liña con Bizum é así de sinxelo

Paso 1:

Escolla Bizum

Seleccione «Pagar con Bizum» entre os métodos de pago.

Paso 2:

Introduza o seu número

Use o teléfono que ten asociado a Bizum.

Paso 3:

Valide o pago

Revise a notificación na app do seu banco e acepte.

Paso 4:

Finalice a compra

Volva ao comercio para confirmar que o proceso se completou.

Secret Link