Saltar al contenido principal
  • Artículo
  • Particulares
  • Enviar diñeiro

Como facer varias transferencias con Bizum?

Tiempo de lectura: 3 min
Publicación: 10/11/20
Última actualización: 18/11/26

Como será o Nadal de 2020? A situación de incerteza xerada pola pandemia da COVID-19 fai que sexa unha das preguntas compartidas máis comúns na actualidade. Porén, aínda que se pronostique a redución do gasto destinado a festas, ceas, viaxes ou actividades sociais, a compra de agasallos será protagonista incluso na distancia.

En relación con isto, xa falamos das vantaxes de Bizum para arranxar as contas entre amigos e familiares con facilidade, pero hoxe queriamos destacar a posibilidade de realizar transferencias múltiples, é dicir, enviar ou solicitar diñeiro a varios contactos á vez.

Como funcionan as transferencias múltiples de Bizum?

Ademais de poderes comprar agasallos online con Bizum, tamén podes solicitar o diñeiro que corresponde a cada persoa cunha soa operación. Do mesmo xeito, é posible realizar o envío de diñeiro a un grupo de bizumers á vez.

Respondemos algunhas preguntas clave en relación coas transferencias múltiples:

– Que hai que facer para realizar envíos ou solicitudes de diñeiro múltiples? Tes que seguir os pasos habituais para enviar ou recibir diñeiro entre particulares e, no momento de introducir o número de teléfono do destinatario, facer clic sobre o símbolo + para seguir engadindo máis móbiles ou contactos da axenda.

– A cantas persoas á vez se lle pode reclamar ou facer o pago? Por cuestións de seguridade, o límite fixado é de 30 persoas á vez. Dito isto, recomendámosche que antes de rematar a transferencia múltiple comprobes ben os números para non confundirte.

– Canto tarda en chegar o diñeiro? Uns poucos segundos! Con Bizum, o pago é practicamente inmediato. Iso si, ao receptor chegaralle unha notificación para confirmarlle que a operación se realizou correctamente.

– Podo pedir importes diferentes a varias persoas á vez? Non, nese caso, terás que facer distintas operacións. Coas transferencias múltiples, a idea é aforrar tempo cando o concepto e a cifra de pago son idénticos para todos.

– Como aparecen os cargos? Aínda que a transferencia múltiple se faga dunha soa vez, os movementos aparecerán desglosados na conta: sairán tantos como destinatarios haxa.

– E se un dos contactos que engadín nunha transferencia múltiple non ten Bizum? Entón, chegaralle un convite para que comece a utilizar Bizum e o pago ou solicitude quedará en suspenso durante un tempo curto, pero despois anularase. O envío de diñeiro pendente caducará aos dous días e, no caso de ser unha solicitud de pago, a marxe será de sete días.

As transferencias múltiples de Bizum son rápidas e cómodas

As transferencias múltiples, unha ferramenta de gran utilidade no Nadal

A pesar de que o Nadal deste ano será atípico, hai tradicións coas que o virus SARS-CoV-2 non pode: a lotaría, os agasallos e mesmo as comidas copiosas (aínda que se desenvolvan en grupos reducidos) resistirán.

Tanto se vas aproveitar este Black Friday para facerte cos agasallos coma se prefires agardar a que se acheguen as datas, Bizum pode axudarte a cadrar as contas cos teus amigos e familiares de forma doada e cómoda para todos. Animámoste a que probes as transferencias múltiples este Nadal e despois nos contes a experiencia nas nosas redes sociais: Instagram, Twitter, Facebook ou LinkedIn.