Saltar al contenido principal

Envía e recibe diñeiro con Bizum

De móbil a móbil e directamente de conta a conta, en só uns segundos.

Desde a app do teu banco, con toda a súa seguridade e a confianza de Bizum.

Como funciona para ti?
Tres formas de mover o teu diñeiro con Bizum.

Enviar diñeiro

Só necesitas o número de teléfono da outra persoa.

Entra en Bizum desde a app do teu banco e selecciona a opción de enviar diñeiro.

  1. Escolle o contacto desde a túa axenda ou introduce o seu número de teléfono. Seleccionalo desde a axenda axudarache a evitar erros.

  2. Indica o importe, revisa o alias da persoa destinataria e comproba que todos os datos son correctos antes de confirmar.

Solicita diñeiro

Pide o importe que che deben sen compartir datos bancarios.

Entra en Bizum desde a app do teu banco e selecciona a opción de solicitar diñeiro.

  1. Escolle o contacto desde a túa axenda ou introduce o seu número de teléfono e indica o importe.

  2. Comproba o alias da outra persoa e revisa toda a información antes de enviar a solicitude.

Tamén entre países europeos

Envía e recibe diñeiro con persoas que utilizan solucións conectadas a Bizum.

O proceso é o mesmo de sempre: entra en Bizum desde a app do teu banco e selecciona a opción de enviar diñeiro.

  1. Escolle o contacto desde a túa axenda, aínda que o seu número de teléfono non sexa español ou andorrano, e indica o importe.

  2. Revisa quen recibirá o diñeiro, comproba o importe e confirma a operación.

O que necesitas saber. Sen rodeos

Resolvemos as dúbidas máis habituais sobre enviar, solicitar e recibir diñeiro con Bizum.

Ver todas as preguntas frecuentes
Enviar diñeiro Recibir e cobrar Particulares

¿Que preciso para enviar ou recibir cartos?

Ter Bizum activado na app dunha entidade adherida e utilizar o número de teléfono asociado ao servizo.

Enviar diñeiro Recibir e cobrar Particulares

Canto tarda en chegar o diñeiro?

O envío faise ao instante e o diñeiro chega de conta a conta en poucos segundos.

Enviar diñeiro Recibir e cobrar Particulares

Que pasa se a outra persoa non ten Bizum?

Recibirá unha invitación para activalo. O diñeiro non sairá da túa conta ata que a acepte e, se non o fai en 48 horas, o envío caducará.

Enviar diñeiro Recibir e cobrar Particulares

¿Podo cancelar un envío?

Os envíos confirmados son inmediatos e non se poden cancelar. Antes de aceptar, revisa sempre o alias da persoa destinataria e o importe.

Antes de confirmar, comproba todos os datos

Revisa o alias da persoa, formado polo seu nome e as iniciais dos seus apelidos, e comproba o importe. Se algo non che cadra, volve atrás ou rexeita a solicitude. Unha vez confirmado un envío, o diñeiro envíase de forma inmediata da túa conta bancaria á de destino e non se pode cancelar.

Consellos para usar Bizum con seguridade

Estamos en cada paso

Activa Bizum desde a app do teu banco, sen papeis, sen esperas e sen complicacións.

Paso 1:

Comproba que o teu banco ten Bizum

Consulta a listaxe de entidades adheridas e busca a túa.

Paso 2:

Descarga a app do teu banco

Se aínda non a tes, instálaa no teu móbil.

Paso 3:

Accede e busca Bizum

Actívao seguindo as indicacións da túa entidade.

Paso 4:

Listo!

Xa podes enviar, solicitar e recibir diñeiro, ademais de pagar en comercios e facer doazóns.